CLUB LECTOCREA DE ARDIA


CURSO 2023-2024


Próximas reunións: 

📣- 25 de AbrilClub de 6º 
Asamblea sobre a lectura "A filla do ladrón de bicicletas" e seguimento do traballo de investigación sobre escritores de O Grove.
📣-2 de Maio - Club de 5º
Asamblea sobre a lectura "Ameaza na Antártida" 
Editar e gravar booktrailers.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA
1º TRIMESTRE

15 de Setembro: Inscricións.
21 de Setembro: Presentación de actividades, proposta de deseño do Logo do Club e entrega da 1ª lectura: El pequeño vampiro.



5 de Outubro: Posta en común para seguimento dos ritmos de lectura e opinións dos capítulos lidos. Entrega de logos de forma física ou no correo electrónico da biblioteca: biblio@vinclan.com


2 de Novembro: Seguimento dos ritmos de lectura. Visionado do trailer "El pequeño vampiro". Explicación do concepto de "booktrailer". Formación dos equipos para o traballo de creación na seguinte asamblea. Recordatorio da creación do logo do club.


23 de Novembro: Visionado de exemplos de booktrailers realizados hai dous cursos polo alumnado no Programa de Biblioteca Creativa. Comezo do deseño dos guións dos booktrailers do libro lido por equipos. Recollida de logos.



14 de Decembro: Votacións para a elección do Logo. 


Este foi o LOGO máis votado, creado pola alumna Marta de 5º B. 
Preme na imaxe para ver todos os logos creados por algúns dos membros do club.

Asamblea sobre "Que sabemos da literatura meca?" para colaborar no PDI 50 Anos de historia.

Organización das dúas próximas sesións para rematar o deseño dos booktrailers por equipos.

11 de Xaneiro: Reunión con Club de 5º Primaria. 
Primeiras gravacións para a creación dos booktrailers e reparto de enquisas para as familias dos membros sobre escritores/as ou ilustradores de O Grove para o PDI 50 ANOS DE HISTORIA.



18 de Xaneiro: Reunión co Club de 6º Primaria.
Reparto dunha nova lectura: Formigas. Misión Camiño de Santiago. 
Seguimento da creación dos guións dos booktrailers. 
Recordatorio da investigación sobre a literatura meca para o PDI.



22 de Xaneiro: Reunión co Club de 5º Primaria.
Reparto dunha nova lectura: Meu irmán o xenio. Seguimento da creación dos guións dos booktrailers. Recordatorio da investigación sobre a literatura meca para o PDI.




8 de Febreiro: Reunión co club de 6º Primaria.
Seguimento da lectura de Formigas. Misión Camiño de Santiago
Fases de gravación e edición de booktrailers.


Búsqueda de libros de escritores/as de O Grove.




8 de Febreiro: Reunión co club de 5º Primaria.
Seguimento da lectura Meu irmán o xenio.
Búsqueda de libros de escritores/as de O Grove. (Proxecto 50 Anos de historia: literatura meca)


22 de Febreiro: Reunión co club de 6º. 
Opinións sobre a lectura Formigas. Misión Camiño de Santiago.
Investigamos sobre os libros que temos na biblio de escritores/as mecos/as para o PDI.
Reparto e lectura de poemas do libro Fantasía da escritora Eva Gondar para preparar Recital.




29 de Febreiro: Reunión co club de 5º Primaria:
Repato de poemas para preparar recital (PDI)
Opinións sobre "Meu irmán o xenio".
Reparto de nova lectura: Formigas. Misión Camiño de Santiago.

7 de Marzo: Reunión co club de 6º Primaria:
Publicación dos booktrailers.
Memorización e ensaio do recital de poesía de Eva Gondar.
Reparto de nova lectura: Meu irmán o xenio.

Booktrailer creado por Nayara, Vega, Iria e Daniela

Booktrailer creado por Eloy, Alex, Noa, Iván e khayleena


14 de Marzo: Reunión co club de 5º Primaria:
Memorización e ensaio do recital de poesía de Eva Gondar.
Creación de novos booktrailers sobre as últimas lecturas: Meu irmán o xenio e Formigas Misión Santiago.

 


20 de MARZO de 2024-Club de 5º e 6º 
Ensaio recital de poesía da escritora grovense Eva Gondar.
Presentación do libro Fantasía
Recital: 
-Mañanitas de San Juan (Iván, Khayleena, Eloy, Noa Prieto, Daniela Parada, Vega e Iria)
- La playa (Xoan, César, Paulo, Ángel, Natalia e Natalie)
- Doña Urraca ( Gala, Daniela, Noa, Sandra, Mahe)
- Adivinanzas (María, Marta, James, Nayara e Alex)

21 de MARZO de 2024, Día da poesía
Ensaio Final Recital de poesía de Eva Gondar. 
Actuación no Plan Lector para todo o centro en dúas quendas:
12:40 Actuación para 2º e 3º Ciclos de Educación Primaria.
13:00 Actuación para Educación Infantil e 1º Ciclo Primaria.

4 de Abril -  
Club de 5º 
Asamblea sobre a última lectura: Formigas Misión Santiago e información sobre a excursión a Santiago de Compostela. 

8 de Abril- 
Club de 5º e 6º 
Reunión informativa coas instruccións para a saída a Santiago de Compostela.

9 de Abril- Club de 5º e 6º Saída complementaria e extraescolar a Santiago de Compostela para ambos grupos xunto co Club de lectura do CEIP As Bizocas.



- 11 de Abril- Club de 6º 
Asamblea sobre a lectura: Meu irmán o xenio.
Reparto dunha nova lectura: A filla do ladrón de bicicletas da escritora grovense Teresa González.
Reparto de nomes de escritores e escritoras de O Grove para investigar as súas biografías e obras literarias.

-18 de Abril - Club de 5º
Reparto dunha nova lectura: "Ameaza na Antártida"Asamblea de valoracións sobre a saída e convivencia co Ceip AS Bizocas a Santiago de Compostela".





📕📗📘📙📖📖📖📖📕📗📘📙


CURSO 2022-2023
PROGRAMA DE ACTIVIDADES 

1º TRIMESTRE
16, 30 de Setembro: Inscrición, presentación de actividades e entrega da 1ª lectura: Cerrado por fantasmas da colección Familia a la fuga. Editorial Loqueleo.
14, 28 de Outubro: Sesións de compartir opinións sobre a 1ª lectura.
18 de Novembro: Lectura da obra de teatro  "Historia dunha sobreira" de Ramón Caride, reparto de papeis.
2, 16 de Decembro: Ensaios de teatro. (Engadiremos algunha data máis para ensaiar en coordinación cos titores)
22 Decembro: Iniciar gravación dunha peli para o proxecto ALUCINE da obra de teatro.

Club LECTOCREA DE ARDIA: Inscricións e reparto de libros.

Compartir opinións sobre "Cerrado por fantasmas"

Lectura da obra "Historia dunha sobreira"

Primeiras gravacións da obra na zona Croma



2º TRIMESTRE
20 de Xaneiro: Escoller un conto en galego para facer un audioconto na radio, lectura do mesmo, reparto de textos e selección de efectos especiais.
3, 17 de Febreiro: Gravacións no estudio de radio do audioconto e continuar coas gravacións para a película. Reparto dunha nova lectura: "Formigas 4. Misión Rosalía"
3, 17 de Marzo: Lectura de poesía galega, memorización e ensaio para realizar un recital.
21 de Marzo, Día da Poesía: Recital de Poesía Creativa para Infantil e Primaria na biblioteca.
30 de Marzo: Asamblea de opinións sobre a novela "Formigas 4. Misión Rosalía". Reparto de nova lectura para o 3º trimestre: "Volverás, golfiño" (Lote de libros de intercambio co Club de lectura do Ceip As Bizocas de O Grove).

Preparación dos audiocontos


Reparto da nova lectura "Formigas 4. Misión Rosalía"

Obradoiro de Poesía Creativa, Ensaios, Actuación do recital

Reparto da nova lectura "Volverás, golfiño" de Andrea Maceiras
 e repaso da programación de actividades do 3º trimetre


3º TRIMESTRE
Venres de 12:40 á 13:50 h. Continuación da gravación da película da obra de Teatro de Ramón Caride.
Tempos de lecer:
14 de Abril: Repaso e adaptación do guión da película.
21 de Abril: : Asamblea para compartir opinións sobre a nova lectura de Andrea Maceiras: "Volverás, golfiño" e reparto de autorizacións para a saída do martes 25.
25 de Abril: Xornada de Lecturas compartidas co Club de lectura do CEIP As Bizocas nunha saída á Padrón (Visita ao Museo Rosalía de Castro, Xardín Botánico, Paseo do Espolón).
5 e 19 de Maio: Selección de contos para facer Teatro de sombras e adaptación de textos.
2 de Xuño: Creación de siluetas.
16 de Xuño: Ensaios das actuacións do Teatro de sombras e reparto de agasallos de recordo.
Última semana do horario lectivo (19-20 de Xuño): 
-Visionado da película "Historia dunha sobreira" no Canal Youtube do cole para ver na sala de cine da biblioteca.
-Actuacións Teatro de sombras para Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria.

Gravando no patio a nosa película "Historia dunha sobreira"

Compartindo opinións sobre a lectura "Volverás, golfiño" 

Xornada compartida co Club de lectura do CEIP As Bizocas en Padrón

Lectura, selección de contos e preparación para facer Teatro de Sombras

Derradeira reunión: 
Últimos ensaios de teatro de sombra e reparto de agasallos de recordo.

Visionado da película creada na Sala de Cine da biblioteca


A película da obra "Historia dunha sobreira" para o Proxecto Alucine.

Actuacións Teatro de sombras para Infantil e 1º Ciclo de Primaria





-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CURSO 2019-2020
CALENDARIO DE SESIÓNS

1º TRIMESTRE
15, 28 de Outubro
4, 7, 18, 21, 26, 29 de Novembro
4, 10, 13, 18 de Decembro

2º TRIMESTRE
10, 17, 24, 31 de Xaneiro
6, 11, 14, 19, 28  de Febreiro
6 de Marzo


Primeira xuntanza do club de lectura. 
Comezamos un novo curso con novos integrantes no club de lectura. Repartimos copias da obra de teatro que imos preparar para Nadal e fixemos elección das persoaxes que van representar cada un deles.

Novo club de lectura de 5º e 6º de Ed. Primaria (Curso 19-20)

Segunda xuntanza.
Comezamos os ensaios da obra "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e a pensar no deseño dos disfraces e do decorado.

Seguimos ensaiando e preparando decorados para a gran actuación.




Derradeira xuntanza do primeiro trimestre.
Decicimos aplazar a actuación de teatro prevista para o día 20 de decembro por falta de tempo debido ao número de actuacións previstas para ese día. Ao regreso das vacacións farase a actuación de teatro que xa está preparada da obra de Carlos Casares: A laranxa máis laranxa de todas as laranxas.

Nesta última xuntanza do club, repartimos unha nova lectura para as vacacións de Nadal: Cerrado por fantasmas da Colección Familia a la fuga da Editorial Loqueleo.

SEGUNDO TRIMESTRE

Comezamos o segundo trimestre coa representación da obra de teatro titulada "A laranxa más laranxa de todas as laranxas".

Galería de fotos
Primeira xuntanza para falar do libro Cerrado por fantasmas de Ana Campoy.

Reunímonos na biblioteca para falar do libro que limos durante as vacacións de Nadal. Algúns aínda non o remataron de ler, pero a maioría sí o fixeron e cada un deu a súa opinión sobre o libro e algunhas ideas para logo ir á radio escolar e gravar unha boa recomendación lectora. Da reunión de hoxe podemos dicir que a lectura deste libro resultou sinxela, entretida e que gustou a todos e todas. 

---------------------------------------------------------------------------------


CURSO 2018-2019
CALENDARIO DE SESIÓNS

1º TRIMESTRE
Alumnado de 4º-5º: 4, 18, 26 de Outubro; 6, 20 de Novembro; 4, 18 de Decembro.
Alumnado de 6º: 1, 8, 15 e 29 de Outubro; 5,12, 19, 26 de Novembro; 3,10,17 de Decembro.

2º TRIMESTRE
Alumnado de 4º-5º: Todos os xoves.
Alumnado de 6º: Mércores cada quince días.

3º TRIMESTRE
Alumnado de 4º-5º: Un día á semana en función do horario da coordinadora do clube. (Estade atentos aos avisos no taboleiro da entrada á biblioteca)
Alumnado de 6º: Martes cada quince días.

Primeiras sesións do clube de lectura de 6º.
Comezamos un novo curso e aos antigos membros do clube de 5º do curso pasado uníronse tres novos compañeiros. Hoxe tivemos a primeira xuntanza na que retomamos a obra de teatro "Restaurante Farruco" de finais do curso pasado. Desta vez, con moito máis tempo imos preparar a obra para representala no Nadal.

Alumnado de 6º

Primeiras sesións do clube de lectura de 4º e 5º de Ed. Primaria
Este grupo tivo xa dúas sesións, na primeira recordamos normas e repartimos o libro " Meu irmán o xenio". de Rodrigo Múñoz Avia. Na segunda o obxectivo era ter lido ata a metade pero algunhas nenas non puideron esperar e o leron xa enteiro. Ás tres lles gustou moito aínda que non desvelaron o final aínda. Organizamos diferentes tarefas para comezar a elaborar un trailer da lectura: facer ilustracións dos momentos máis importantes da historia do libro, frases impactantes que intriguen, músicas...
Na xuntanza falamos tamén doutros posibles libros para pedir en préstamo ás outras bibliotecas escolares e descubrimos que algúns xa os leran quedando a lista de lecturas un pouco máis reducida.

Alumnado de 4º e 5º

Sesión especial de Samaín.
O clube de 6º na última sesión ademáis de facer os ensaios da obra de teatro Restaurante Farruco, levou para casa o libro "El pequeño vampiro" para ler este días da ponte de Difuntos. Esperemos que lles guste tanto coma aos nenos e nenas do curso pasado.
Alumnado de 6º
Xoves, 8 de Novembro de 2018
Comezamos co bibliotrailer. O clube de 4º e 5º trala lectura do libro Meu irmán o xenio, comezaron a facer as ilustracións e o guión do bibliotrailer. Están entusiasmados co proxecto. Na asamblea de hoxe comentaron a lectura e houbo opinións moi diversas, dende o que non rematou o libro porque non lle gustara moito ata os que o leron xa na tarde do primeiro día e lles pareceu entretida e divertida.




O grupo de 6º continúa cos ensaios da obra de teatro, imos avanzando e algúns xa aprenderon o texto de memoria. Pronto empezaremos a preparar decorados e vestiario para a gran actuación.




O clube de lectura de 6º elabora o cartel para anunciar a representación da obra de teatro Restaurante Farruco coa axuda do seu titor.

Venres, 21 de Decembro de 2018 

Gran actuación do clube de lectura de 6º!





Mércores, 16 de Xaneiro

Comezamos o segundo trimestre cunha nova xuntanza do clube de 6º. Despois de valorar o éxito da obra de teatro do primeiro trimestre, escollimos unha novela escrita en lingua castelán para ler durante estos primeiros días: Los diez magníficos.






Venres, 25 de Xaneiro de 2019


O grupo de 4º e 5º segue coa montaxe do booktrailer. O proceso vai un pouco lento, pero hoxe reuníronse para crear o guión e concretar o que vai dicir cada un deles. Esperemos que para a próxima xuntanza podamos xa iniciar as gravacións dos audios.



Mércores, 13 de Febreiro de 2019

O grupo de 6º realiza recomendacións na radio escolar sobre o libro "Los diez magníficos".
Podes escoitar o programa na nosa canle de RADIO V.I.

E comeza unha nova lectura en lingua galega: "A rapaza da fiestra". (Lote de libros prestado do CPI San Vicente de A Baña)

Luns, 29 de Abril de 2019
BOOKTRAILER "MEU IRMÁN O XENIO"

O club de 4º rematou o seu booktrailer e comezou a lectura dunha obra de teatro co obxectivo de representala a finais de curso para todo o cole. A obra escollida por este grupo está relacionada co proxecto documental do centro A que sabe o mundo? e se titula
A laranxa máis laranxa de todas as laranxas de Carlos Casares.



Luns, 6 de maio de 2019

O alumnado do club de 6º de Educación Primaria rematou o seu primeiro booktrailer. Aquí vos deixamos o resultado.
BOOKTRAILER "A RAPAZA DA FIESTRA"


Martes, 28 de maio de 2019
O club de 6º comeza unha nova actividade: preparar os contacontos para a visita dos nenos da Escola Infantil Galiña Azul de O Grove que para o vindeiro curso comezarán no noso colexio.
 


Luns, 17 de xuño de 2019
"A cociñeira do rei" foi o conto escollido por membros do club de lectura para lerlles aos nenos e nenas da Gardería que hoxe viñeron de visita ao noso cole.






CURSO 2017-2018 
CALENDARIO DE SESIÓNS

1º TRIMESTRE
Alumnado de 3º: 4 de Outubro, 8 de Novembro e 13 de Decembro.
Alumnado de 5º: 11 de Outubro, 15 de Novembro e 20 de Decembro.
Alumnado de 4º: 18 de Outubro e 22 de Novembro e 18 de Decembro.
Alumnado de 6º: 25 de Outubro e 29 de Novembro e 20 de Decembro.

2º TRIMESTRE
Alumnado de 3º : 10 de Xaneiro, 7 de Febreiro, 14 de Marzo.
Alumnado de 4º: 24 de Xaneiro, 28 de Febreiro, 14 de Marzo.
Alumnado de 5º: 17 de Xaneiro, 21 de febreiro, 21 de Marzo.
Alumnado de 6º: 31 de Xaneiro, 7 de Marzo, 21 de Marzo.

3º TRIMESTRE
Alumnado de 3º: 4 de Abril, 2 e 30 de Maio.
Alumnado de 4º: 19 de Abril, 16 de Maio e 13 de Xuño.
Alumnado de 5º: 11 de Abril, 9, 21 de Maio, 6 e 20 de Xuño.
Alumnado de 6º: 25 de Abril, 3, 16, 29 de Maio, 13 e 20 de Xuño.



ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

1ª SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 3º 

Comezamos o día 4 de Outubro de 2017. Primeiro a mestra coordinadora explicou en que consistía un club de lectura e as actividades que se podrían facer. Despois o alumnado cubriu a súa ficha de inscripción e levaron un cómic e un marcapáxinas para comezar a súa primeira lectura.


1ª SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 5º
O día 11 de Outubro comenzou a funcionar o clube de lectura do alumnado de 5º de Educación Primaria. Ao igual que os de 3º, fixeron a súa inscripción poñendo os seus datos persoais e os seus gustos e preferencias en canto ao xénero literario e ás temáticas de lectura. Neste grupo comezamos por escoller unha revista de carácter informativo para as nosas lecturas deste mes. A ver que curiosidades descubrimos para comentar aos demáis na próxima xuntanza.


1ª SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 4º
O día 18 de Outubro comenzou o clube do alumnado de 4º de Educación Primaria. Ao igual que os de 3º, fixeron a súa inscripción, escolleron cómics das aventuras de Asterix e levaron o seu marcapáxinas.



1ª SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 6º
O día 25 de Outubro tivo lugar a primeira xuntanza do alumnado de 6º de Educación Primaria. Fixeron a súa inscripción, acordaron as normas, fixeron as fotos para o seu carnet do clube e escolleron revistas informativas para levar para casa.


2ª SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 3º
O día 8 de Novembro celebrouse no lecer a segunda sesión do clube de lectura de terceiro. O primeiro que fixeron os participantes foi comentar os cómics que levaron para a casa: falaron das persoaxes, dos seus nomes, as súas descripcións, se lles gustou o cómic ou non. Houbo opinións moi diversas. Despois viron no proxector da biblio un pequeno fragmento da película "As doce probas de Asterix"e sorteamos dous pelis para que levasen a casa para poder vela enteira. Cada membro do clube terá na súa casa o DVD da peli durantes tres días e despois se fará outro sorteo para que todos poidan levalas.
Para rematar, repartíronse os libros da seguinte lectura. Esta vez, adentramos ao alumnado na aventura da narrativa co libro "El pequeño vampiro" de Angela Sommer-Bodenburg.




2ª SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 5º
O día 15 de Novembro aconteceu a segunda sesión do clube de quinto. Todos trouxeron as revistas de Reportero Doc e comentaron un a un os artículos que lles pareceron máis interesantes. Así quedamos abraiados coa información que nos deu unha nena sobre os camaleóns e os seus pulmóns, ou as aventuras dos homes de Neardertal e os homo Sapiens que nos contou outro neno. Despois repartimos os cómics que será a nova lectura para este mes.


2ª SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 4º
O mércores día 22 de Novembro tivo lugar a segunda xuntanza do clube de 4º. Primeiro falaron dos cómics de Asterix que leron na casa e despois viron un anaco da película "As doce probas de Asterix". Finalmente escolleron unha revista de Reportero Doc como lectura para o próxima reunión.



2ª SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 6º
O mércores día 29 reuníronse os membros do clube de 6º de Ed. Primaria. Comentaron os artículos das revistas que levaran para casa hai un mes e compartiron coñecementos novos para moitos deles. Posteriormente escolleron un cómic da Colección de Asterix como lectura para a seguinte xuntanza.




ATENCIÓN ATENCIÓN! CONVOCAMOS:
 CONCURSO DE DEBUXOS "EL PEQUEÑO VAMPIRO"
 PARA OS MEMBROS DO CLUBE DE LECTURA DE 3º E 4º .

AS BASES SON AS SEGUINTES:
-Os debuxos terán, como máximo, as seguintes dimensións: 21x 15cm.
-Poden entregarse na técnica que cada participante considere oportuna, pero no caso de conter texto, debe ser en lingua galega.
-Cada participante poderá presentar un máximo de 2 debuxos.
-O nome do participante debe constar no debuxo na parte traseira.
-Os/as gañadores/as de cada nivel recibirán un agasallo lector.
-Os debuxos entregaranse na biblioteca ata o MÉRCORES 10 DE XANEIRO DE 2018.

3ª SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 3º
O 13 de Decembro tivo lugar a terceira sesión deste grupo. Primeiro comentaron o libro "O pequeño vampiro" e chegamos a conclusión de que a maioría lles gustou e a todas lles gustaría ser coma a persoaxe Ana.
Despois houbo reparto de revistas de caracter informativo para comentar na vindeira xuntanza, os carnés de socios do clube e a información sobre o Concursos de Debuxos " El pequeño Vampiro".


3ª SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 4º
O 18 de Decembro reuníronse os membros do clube de 4º. Despois de comentar os artículos das revistas que leron, repartíronse os carnets e a nova lectura: "El pequeño vampiro" que terán todas as vacacións de Nadal para disfrutar. Sorteamos tamén as pelis de Asterix que xa levaran os de 3º e que agora lles tocaba a este grupo levar para as súas casas.



3ª SESIÓN DOS CLUBES DE 5º E 6º
O 20 de Decembro tivo lugar a terceira xuntanza dos grupos de 5º e 6º. Foi un día especial con moitas sorpresas. Comentamos e recollimos os cómics que levaron o último día, repartimos os carnés e fixemos un obradoiro de pinchos navideños no novo laboratorio na sala anexa á biblioteca.
Ao final repartimos novas lecturas para as vacacións de Nadal. Agradecemos dende aquí á Biblioteca 
Escolar do CPI San Vicente de A Baña o préstamo destes lotes de libros.
Os megatoxos e o aprendiz de druída, para 6º
Palabras de Caramelo, para 5º



Membros dos clubes de 5º e 6º

ACTIVIDADES DO SEGUNDO TRIMESTRE

4ª SESIÓN DO CLUBE DE 3º
Comezaron de novo as xuntanzas despois das vacacións de Nadal. O primerio grupo foi o de 3º que comentou artigos das revistas que levaran e repartiron unha nova lectura: A góndola fantasma.


4ª SESIÓN DO CLUBE DE 5º
O día 17 de febreiro reuníronse os membros do clube de 5º.
A maioría conseguiron ler o libro "Palabras de caramelo" ao completo e houbo moitos intercambios de opinións sobre o mesmo. En xeral, o libro gustou moito, pero todos coincidiron en que se trataba dunha historia cun final triste e algún confesou que ata chorara.
Para a próxima xuntanza terán que traer lido o libro: "Mil cousas poden pasar" Libro II. 
Este lote de libros é tamén un préstamo da biblioteca escolar do CPI San Vicente de A Baña. Esperemos que vos enganche tanto que vos animedes a ler a primeira parte tamén.

 

RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE DEBUXOS "EL PEQUEÑO VAMPIRO"
O mércores día 24 de Xaneiro faremos entrega duns agasallos aos gañadores do concurso no tempo do lecer na biblioteca. Os premiados son: Sandra Lamelas de 3º B e David Benavidades de 4º A
Parabéns!!


4ª SESIÓN DO CLUBE DE 4º
O día 24 de Xaneiro convocamos no clube de 4º aos membros do clube de 3º para facer entrega dos premios aos gañadores do Concurso "El pequeño vampiro". Valorouse non só a calidade do debuxo senón tamén a orixinalidade e a representación dalgunha escena da historia do libro.

Alumnado esperando pola resolución do concurso
Premio nivel 4º a David Benavides
Premio nivel 3º a Sandra Lamelas


Despois da entrega de premios os membros do clube de 4º retomaron a súa sesión compartindo opinións sobre o libro "El pequeño vampiro". Ao remate da sesión, repartíronse os libros da nova lectura deste mes: "Palabras de caramelo".

4ª SESIÓN DO CLUBE DE 6º
O día 1 de Febreiro tivo lugar a 4ª xuntanza do alumnado de 6º. Primeiro comentaron as súas impresións sobre o libro lido " Os Megatoxos e o aprendiz de druída". A maioría remataron o libro a tempo e lles gustou bastante.
A próxima lectura collérona con moita ilusión, xa que algúns viron a película que saíu recentemente nos cines en Outubro do 2017: "El pequeño vampiro".


5º SESIÓN DO CLUBE DE 3º
O día 7 de Febreiro xuntáronse os membros do clube de 3º para falar da última lectura: A góndola fantasma. Houbo diversas opinións e diferentes gustos xa que a uns lles gustou e a outros non tanto.
Para a próxima xuntanza traerán lida a obra de teatro: El toro Ferdinando, cambiando deste xeito de xénero literario. E que o teatro gusta moito e máis se despois o imos representar para o resto do cole. A ver se se animan. Seguro que sí. Son uns lectores e actores fabulosos.



5º SESIÓN DO CLUBE 5º
O día 21 de Febreiro reuníronse os membros do clube de 5º para comentar a última lectura: Mil cousas poden pasar. Libro II.
A maioría coincidiu en que a lectura resoltou algo difícil e complicada porque había moitas persoaxes e os capítulos falaban de historias diferentes. Realmente o argumento se entende mellor segundo vas acercándote ao final. Algúns indagaron sobre o Libro I para poder entendelo. Por estes motivos, en xeral, a lectura non gustou.
Para a seguinte xuntanza terán que ler: Os Megatoxos e o aprendiz de druída. Polo éxito que tivo no alumnado de 6º, seguro que esta lectura gustará moito máis.

5ª SESIÓN DO CLUBE DE 4º
O día 28 xuntáronse os membros do clube de 4º . Todos trouxeron o seu libro Palabras de caramelo lido e compartiron as súas opinións sobre a lectura. Todos coincidiron en que o final é moi triste pero as aventuras ó longo da lectura son entretidas e divertidas, sobretodo cando o noso protagonista le supostamente os labios de Caramelo. En xeral, gustou moito.
Para casa levan unha nova lectura: Correo Urxente de Paula Carballeira.

5ª SESIÓN DO CLUBE DE 6º
O día 7 de marzo foi a quinta sesión do clube de 6º. Primeiro cada un foi falando das súas impresións sobre a última lectura: "El pequeño vampiro". Á maioría gustoulle o libro aínda que houbo varios que non o remataron por estar neste mes con moitas actividades e exames.
Despois visionamos na pantalla da biblio varios trailers diferentes das películas que se fixeron a partir do libro. A última estrenouse nos cines en Outubro 2017 e trátase dunha película de animación, a outra é unha película dirixida por Uli Edel no ano 2000.
Para finalizar repartimos unha nova lectura: "Palabras de caramelo". Dentro de dúas semanas teremos a última reunión antes das vacacións de Semana Santa.


6ª SESIÓN DOS GRUPOS DE 3º E 4º
O día 14 de marzo foi unha sesión especial, adicada ó Día Mundial da Poesía. Xuntamos os dous grupos para finalizar este segundo trimestre cun recital.





6ª SESIÓN DOS GRUPOS DE 5º E 6º.
O día 21 de marzo xuntamos estes dous grupos para levar a cabo un obradoiro sobre bibliotrailers ou booktrailers. Co obxectivo de participar na nova convocatoria "Trailer de animación de un libro" do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa. Analizamos as bases do concurso, visionamos diferentes booktrailers publicados xa en leer.es do CNIIE, comentamos as técnicas que se poden empregar, os programas e aplicación necesarias para montar os vídeos e os audios e a posibilidade de facelo en grupos.

Tamén aproveitamos para ver booktrailers xa feitos dos libros que levamos lidos neste curso escolar e que se poden atopar en You Tube:






Ademais da información que tedes en leer.es atoparedes unha chea de imaxes para os vosos bibliotrailers en Banco de imaxes libres aquí. Tamén tedes bancos de música libre aquí.

7ª SESIÓN DO CLUBE DE 3º

O día 4 de Abril comezamos o novo trimestre coa primeira xuntanza do clube de 3º. Nesta ocasión reuníronse para preparar unha obra de teatro: El toro Ferdinando. Tralos comentarios da historia lida xa durante as vacacións de Semana Santa fixeron o reparto de personaxes.



7ª SESIÓN DO CLUBE DE 5º

O día 11 de Abril foi o turno para o alumnado de 5º . Primeiro deron a súa opinión sobre a última lectura: Os Megatoxos e o aprendriz de druída. Algúns pareceulles unha lectura sinxela e algo aburrida nalgúns momentos da historia e a outros gustoulles e pareceulle divertida e entretida. Houbo pola tanto opinións moi dispares.
De seguido repartimos a seguinte lectura. Neste terceiro trimestre o clube vai preparar varias obras de teatro. Neste caso, a obra escollida para os de 5º titúlase: Restaurante Farruco. 
Como a maioría querían os papeis principais da obra, houbo que facer un sorteo. Despois comezamos unha primeira lectura da obra.
 



7ª SESIÓN DO CLUBE DE 4º

O día 19 de Abril xuntáronse os membros do clube de 4º. Aproveitando o bo tempo, decidiron facer a reunión no patio. A idea de saír a tomar o aire fóra partíu do propio alumnado. E é que estes rapaces e rapazas non deixan de sorprendernos. Hoxe tocou falar do último libro lido: Correo urxente, que lles gustou moito.
Como os outros grupos do clube, os de 4º van comezar a preparar a súa obra de teatro. A peza escollida é : Historia dunha sombreira. Hoxe tocou reparto de persoaxes e introducir ao alumnado nun novo xénero literario.


7ª SESIÓN DO CLUBE DE 6º

O día 25 de Abril comezamos no clube de 6º co teatro ao igual que xa fixeron os outros grupos. A obra escollida para este grupo está relacionada coa temática do proxecto documental integrado deste curso: Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía e leva por título: El profesor desinflado. de Fernando Almena. Primeiro fixemos o reparto de persoaxes e comezamos unha primeira lectura, traballando xa a entoación e os xestos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario