sábado, 16 de setembro de 2017

COMEZO DE CURSO 2017-2018

Ola! Comezamos novo curso con moita ilusión e con novas actividades. En breve comezaremos o servizo de préstamos na biblioteca. Estamos a actualizar os carnets dos novos usuarios e o horario de uso da biblioteca por cursos. De todos os xeitos sabedes que a biblioteca está aberta para realizar actividades de consulta ou dinámicas de clase.

O alumnado de 3º xa fixo a súa primeira visita e fixeron unha divertida dinámica de comunicación lingüística non verbal. Que ben o pasaron!






Ningún comentario:

Publicar un comentario