venres, 31 de marzo de 2017

RECURSOS DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O venres, día 7 de Abril, celebramos o Día Mundial da Saúde. Tedes os recursos seleccionados e actualizados na pestana SAÚDE.

O lema proposto este ano pola OMS é "falamos da depresión", unha enfermidade que afecta a saúde de moitas persoas no mundo. 

Dende o noso centro, animamos á comunidade educativa a participar nas actividades físicas e deportivas, un medio infalible contra enfermidades como a depresión.

Este venres faremos a terceira sesión aeróbica no tempo do lecer. Preparad@s para bailar?

mércores, 29 de marzo de 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS

O alumnado de 4º de Educación Primaria xa son expertos na  nova colocación dos libros. A través dun xogo cooperativo aprenderon a colocar os libros nos andeis seguindo a CDU. Un equipo escollía os libros a colocar e logo outro tiña un tempo para colocalos correctamente. Que ben o pasaron e canto aprenderon!





martes, 28 de marzo de 2017

PRIMAVERA NA BIBLIOTECA

O equipo de axudantes de 6º curso xa está a mudar a árbore da entrada á biblioteca co cambio de estación. Aínda vai moito frío pero a neve da árbore de inverno xa se derretiu e agora comeza a estación das cores: flores feitas co material que vai sobrando doutras actividades penduran das pólas da nosa árbore.


luns, 27 de marzo de 2017

NOVO CONCURSO PASAPORTE LECTOR

Neste concurso pode participar todo o alumnado de 3º, 4º ,5º e 6º de Educación Primaria. Soamente hai que deixar neste buzón situado na mesa da biblioteca recomendacións ou críticas dos libros selados no pasaporte lector durante o 2º trimestre.
Recorda poñer o teu nome e curso.

Para o resto dos cursos seguiremos co premio ao máis lector. Vémonos na biblio!

venres, 24 de marzo de 2017

Recursos para o Día Mundial do teatro

O 27 de Marzo é o Día mundial do teatro. Preme na imaxe para acceder aos recursos seleccionados polo equipo de biblioteca. Recorda que na sección de teatro da biblioteca atoparás unha chea de obras para realizar na clase.  Entre elas destacar a obra de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas.

luns, 20 de marzo de 2017

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Mañá, 21 de Marzo celébrase o Día Mundial da Poesía.
Son moitos os libros de poesía que podedes atopar na nosa biblioteca pero hoxe o noso equipo quere recomendarvos tres novidades recentes:



Recorda que nos taboleiros da biblioteca en Pinterest atoparás moitos recursos para traballar a poesía.

E dentro do plan anual de lectura, os nenos e nenas leron á mascota do proxecto Mans de terra moitos, moitos poemas. Podedes ver os vídeos en Lecturas a Mr. Palla.




sábado, 11 de marzo de 2017

15 MARZO, DÍA MUNDIAL DO CONSUMIDOR


RECURSOS AQUÍ

En 1983, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu o 15 de marzo de cada ano como o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, conmemorando o discurso que o presidente John F. Kennedy deu en 1962 para o Congreso dos Estados Unidos.

Por primeira vez, o consumidor considerouse un elemento clave no proceso de produción, e instou as institucións a establecer normas para a protección dos seus dereitos.

En 1985, foron adoptadas as directrices das Nacións Unidas para Protección do Consumidor:

1) Dereito de acceso a bens básicos e servizos básicos (alimentos, roupa, vivenda, saúde, educación e saneamento).

2) O dereito á protección contra produtos e procesos perigosos.

3) Dereito de recibir información para unha elección correcta e protección contra a publicidade deshonesta ou enganosa.

4) Dereito de escoller produtos e servizos para a seguridade competitiva de prezos de calidade satisfactorios.

5) Dereito de ser oído e ser representado no desenvolvemento e posta en marcha de políticas gobernamentais e no desenvolvemento de produtos e servizos.

6) O dereito de recibir unha reparación adecuada por queixas xustas, incluíndo compensación por información enganosa, produtos defectuosos ou servizos insatisfactorios.

7) O dereito á educación do consumidor para facer eleccións seguras de bens e servizos, e ser consciente dos dereitos básicos dos consumidores e como facelos efectivos.

8) Dereito a un ambiente saudable para vivir e traballar.

O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor nos recorda a importancia dos nosos dereitos e mecanismos para a súa defensa.

venres, 10 de marzo de 2017

DIPLOMA POLO PROXECTO VIVIR TOCANDO O MAR


Chegou hoxe ao cole este diploma que acredita o premio otorgado pola Consellería de Educación ao noso centro polo traballo por proxectos Vivir tocando o mar, xunto cunha carta onde o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez felicita ao profesorado e a comunidade educativa o esforzo e o traballo realizado.

Está exposto na porta de acceso ao patio para que todos o poidades ver. 

CONTOS VIAXEIROS

Cada ciclo de Primaria vai realizar un conto viaxeiro e Ed. Infantil realizará as portadas e contraportadas unha vez finalizados.
A responsable da biblioteca entregará a cada curso o material necesario para realizar dúas páxinas e irá levando o conto de aula en aula cumprindo o calendario establecido.

Requisitos importantes:
Escrito en galego
Deixar márxenes de 2 cm.
Orientación horizontal.
Puntualidade nas entregas.

Datas de traballo:
do 6 ao 17 de Marzo: 1º A, 3º A e 5º A
do 20 ao 31 de Marzo: 1º B, 3º B e 5º B
do 3 ao 18 de Abril: 2º A, 4º A e 6º A
do 24 de Abril ao 5 de Maio: 2º B, 4º B e 6º B
do 8 ao 19 de Maio: Ed Infantil
22 de Maio: Exposición de contos viaxeiros na biblioteca.

Os títulos escollidos foron:
“Lililibro fai pan de millo” (1º ciclo e alumnado de 3 anos fai a portada)
“Lililibro na horta de Mr.Palla” (2º ciclo e alumnado de 4 anos fai a portada)
“Mr. Palla, Lililibro e o misterio do colexio” (3º ciclo e alumnado de 5 anos fai a portada)

martes, 7 de marzo de 2017

REAPERTURA DA BIBLIOTECA


DESPOIS DE MOITAS REFORMAS, COMEZAMOS DE NOVO COS PRÉSTAMOS!

O alumnado de Educación Infantil foi dos primeiros en visitar de novo a biblioteca para facer os seus préstamos e ademais poder desfrutar do novo mobiliario. Recordaros que hai novidades na colocación dos libros. Fixádevos ben que o número e a cor da etiqueta do andel ten que corresponder co marcado no tello do libro.


PODES VER TODO O PROCESO DE TRANSFORMACIÓN AQUÍ.

luns, 6 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER


O Día da muller, 8 de marzo, recibiremos a visita de Adelina Padín Forte, muller da nosa vila adicada á horta ecolóxica. Todos os cursos de Primaria por quendas pasarán pola biblioteca  para recibir unha charla sobre agricultura ecolóxica e despois acudirá todo o alumnado (Infantil e Primaria) ao noso horto para a clase práctica.
De seguro que aprenderemos moito desta muller e poderemos sacar proveito para o PDI MANS DE TERRA.  


Na pestana adicada a MULLER atoparedes outros recursos e o programa de actividades para esta semana.




sábado, 4 de marzo de 2017

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL EN PONTEVEDRA

Xa queda moi pouco tempo para que comece o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Preme na imaxe para ver o programa de actividades e actuacións. Entre o 10 de Marzo e o 2 Abril no Pazo da Cultura.

xoves, 2 de marzo de 2017

RECURSOS SEMANA DA PRENSA




Este ano celébrase a semana da prensa dende o día 6 ata o día 10 de Marzo.
Ademáis dos xornais, revistas e libros que estarán expostos na entrada da biblioteca podedes atopar unha morea de recursos e todas as noticias publicadas sobre o proxecto Mans de terra na pestana: SEMANA DA PRENSA.