luns, 30 de xaneiro de 2017

POMBAS E BOLBORETAS POLA PAZ

 








Así de bonitas están as dúas entradas ao colexio, cheas de pombas con mensaxes de paz e bolboretas de moitas cores feitas polo alumnado que viaxan polas paredes, escaleiras e portas ata chegar á lenda das bolboretas que nos deixou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.





Pola súa parte o noso equipo de axudantes de biblioteca colocou o expositor cos libros seleccionados para que poidades velos en calquera momento.
Recorda que na pestana da PAZ podes atopar diferentes recursos: cancións, libros, webquest, fichas, manualidades...



venres, 27 de xaneiro de 2017

ALUMNA PREMIADA NO IV CERTAME DE RELATO CURTO

Temos a sorte de darlle a noraboa a Carmen Fraga Álvarez, alumna que foi finalista no IV Certame de relato curto que promove FANPA (Federación Provincial de ANPA de centros públicos de Pontevedra).
Esta semana chegaron ao noso centro dous exemplares do libro onde está publicado o seu relato. En breve, poderedes collelo prestado na biblioteca. Mentras seguimos coas reformas, os deixo aquí o seu relato para que o disfrutedes. Preme na imaxe para vela mellor.
 

Dende o equipo de biblioteca os animamos a participar no 
V Certame de relato curto. Tedes ata o 28 de Febreiro para presentar os vosos traballos. Aquí vos deixo o enlace para consultar as bases do concurso. 



xoves, 26 de xaneiro de 2017

COLOCACIÓN DE LIBROS

Pouco a pouco a biblioteca vai collendo a súa nova forma. Alumnado voluntario traballa cos profes colocando os libros nas novas estanterías.




sábado, 14 de xaneiro de 2017

CONTINUAMOS COA REFORMA

Xa temos o chan novo da biblioteca! Agora toca montar estanterías. Polo momento non podemos facer préstamos, pero a espera merecerá a pena.

xoves, 12 de xaneiro de 2017

PREMIADOS AO MELLOR LECTOR

Durante o primeiro trimestre o alumnado foi cubrindo os seus pasaportes lectores e na última semana de Decembro fixemos entrega dos premios aos máis lectores deste primeiro trimestre. Os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron todos o seu Diploma porque todos eles o mereceron e os de Educación Primaria recibiron tamén diferentes agasallos.
Para ver a galería de fotos preme na seguinte imaxe.