luns, 19 de decembro de 2016

GUÍA DE LECTURAS "MANS DE TERRA" POLO NADAL

A nosa mascota da biblioteca, Lililibro, e a mascota do proxecto Mans de terra, o espantallo Mr. Palla recomendan lecturas para pedir polo Nadal. Preme na imaxe para ver a guía. 


COMEZAMOS COAS MELLORAS

Esta mañá comezamos mestres e alumnado a vaciar a biblioteca. Aproveitaremos as vacacións de Nadal para acondicionar o chan da mesma. Por iso, durante esta semana só se poderán facer devolucións.


xoves, 15 de decembro de 2016

OBRADOIRO NA BIBLIOTECA.

OBRADOIRO “FAI O TEU LOGO”
IDEAS LAPIZ Y PAPEL.png
DÍA: MARTES, 20 DE DECEMBRO
HORA: 12:10 H.
LUGAR: BIBLIOTECA


O equipo de axudantes de biblioteca vai impartir un curso sobre creación de logos. Todo o alumnado que queira poderá apuntarse a partires de hoxe na biblioteca durante o tempo de lecer avisando ao mestre de garda ou aos axudantes de biblioteca.

domingo, 11 de decembro de 2016

CHEGA O NADAL

Falta pouco para o Nadal e o comezo dunha nova estación: O inverno.
A nosa árbore mudará de aspecto: as follas e as setas cubriranse coa neve e as pólas quedarán totalmente núas...Así que para alegrar a árbore e darlle cor, ímola encher de adornos navideños.
Cal será o teu?  Busca no taboleiro de Nadal en Pinterest. Alí atoparás moitas ideas.


Na pestana de NADAL publicamos unha selección de recursos para estes últimos días antes das vacacións de Nadal:  libros, vídeos, cancións, manualidades...

O alumnado de 6º xa está a preparar as guías de lectura que recibiredes todos moi pronto.



sábado, 3 de decembro de 2016

ESTAMOS PREMIADOS NO III CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS!





CANDO UN COLE SE UNE... ALGO GRANDE PODE OCORRER.
Comezamos o mes de Decembro con moi boas novas para o noso cole. Despois de moitos días de traballo durante todo o curso 2015-2016, co proxecto "Vivir tocando o mar", buscando e seleccionando información, levando a cabo actividades co alumnado e coas familias, elaborando e publicando documentos, presentando memorias... fomos premiados no III Concurso de Traballos por proxectos que convoca a Consellería.

Grazas a toda a Comunidade Educativa que o fixo posible!

venres, 2 de decembro de 2016

CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE SAVE THE CHILDREN


Un ano máis colaborando coa Fundación Save the Children, o CEIP Valle-Inclán de O Grove organiza unha carreira solidaria no patio do colexio.
Será o día 9 de Decembro se o tempo o permite e aproveitaremos este evento para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos.
Para traballar os contidos antes da carreira, a Fundación Save the Children enviounos material didáctico que podedes ver premendo nas palabras subliñadas.
E coma sempre o equipo de biblioteca ten a vosa disposición unha ampla variedade de contos na sección de VALORES. Non esquezades visitar o taboleiro adicado aos DEREITOS. Nel temos seleccionados recursos interesantes.