venres, 21 de outubro de 2016

SAMAÍN E XORNADA DE PORTAS ABERTAS


   

Para celebrar o Samaín temos programadas as seguintes actividades:

1. Exposición de cabazas do agro. Este ano o noso proxecto titúlase “Mans de terra”, por iso vos convidamos a participar na exposición de cabazas decoradas con produtos da terra (millo, noces, castañas, cenorias…) ou disfrazalas das profesións do sector agrícola.
As familias que queiran participar traerán as cabazas os días 24, 25 ou 26 de Outubro e a exposición estará aberta durante esa semana de 9.40 a 9.55 h.  O venres, día 28, os nenos levarán a súa cabaza de volta á casa.
Nestes enlaces podedes atopar ideas para decorar as cabazas:


2. Xornada de portas abertas na biblioteca.
O día 27 de Outubro, con motivo do día das bibliotecas, invitámosvos a asistir a unha xornada de portas abertas na biblioteca do centro. Esta xornada terá lugar ás 17 horas e haberá as seguintes actividades:
- Concurso de postres terroríficos con produtos do outono (noces, castañas, figos, millo, cabaza, setas…) As familias que queiran participar traerán o seu postre cun título.
-Actuacións do alumnado: Canción do Outono e Contacontos “ A castaña que rebentou coa risa”
-Presentación do proxecto “Mans de Terra” e do nome gañador para a mascota.
-Degustación dos postres e votación dos asistentes.
-Entrega de premios do concurso.

Nestes enlaces podedes atopar ideas para o concurso de postres:
http://trucosyastucias.com/decorar-reciclando/decoracion-halloween-casera

E non esquezades que no blog do equipo de Dinaminazión da Lingua Galega atoparedes un montón de recursos e o boletín mensual coas actividades. Tamén podedes consultar o noso taboleiro de Samaín en Pinterest.

ANIMAROS A PARTICIPAR E DESFRUTAR DESTA XORNADA.
ESPERÁMOSVOS!


venres, 14 de outubro de 2016

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN


O 16 de Outubro celébrase o Día Mundial da alimentación, proclamado en 1979 pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). A súa finalidade é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.
Cada ano escóllese un lema co fin de destacar áreas necesitadas de reformas sociais. Este ano 2016 o lema é: "O clima está cambiando. A alimentación e a agricultura tamén"

Unha das actividades que se está a levar a cabo no noso cole, dentro do Plan Proxecta "Xermoliño", está relacionada con esta conmemoración.  Os máis maiores do cole fixeron un estudo dos hábitos alimentarios de todo o alumnado rexistrando os diferentes alimentos que os nenos traen para as merendas do tempo de lecer. Podedes ver os resultados no blog do proxecto na pestana "bocado a bocado". Despois de analizar estes resultados será convinte reflexionar e pensar en mudar algúns hábitos, por iso animaremos a todo o alumnado a seguir uns calendarios de merendas saudables.

Na biblioteca podes atopar diferentes libros sobre alimentación.

SECCIÓN NATURAIS
SECCIÓN REVISTAS
SECCIÓN REVISTAS
SECCIÓN COCIÑA
SECCIÓN NATURAIS
SECCIÓN AZUL 832
SECCIÓN AZUL 832
SECCIÓN AZUL POESÍA 81
SECCIÓN AZUL 834
SE PREMES NAS SEGUINTES IMAXES ATOPARÁS MÁIS RECURSOS CON ACTIVIDADES E XOGOS.














martes, 11 de outubro de 2016

ABERTA A VOTACIÓN


Aquí está a nova mascota do proxecto Mans de terra. Para decidir o nome da mesma todos os cursos fixeron as súas propostas e agora só falta que entredes no blog e votedes por unha.
Na última semana de Outubro descubriremos o nome gañador.

xoves, 6 de outubro de 2016

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA


Comezamos o mes de Outubro repartindo as mochilas viaxeiras por todos os cursos de Educación Primaria. Onte, os novos axudantes de biblioteca de 6º curso leváronas ás aulas e recordaron as normas de uso da mesma. Ao remate do curso recolleremos as vosas opinións e suxerencias do diario da mochila. Disfrútadeas!!!