venres, 30 de setembro de 2016

PDI MANS DE TERRA


O proxecto documental integrado deste curso 2016-2017 leva por título "Mans de terra". Xa tedes na biblioteca do centro unha chea de libros para consultar que o equipo de biblio e os seus axudantes seleccionaron durante esta primeira quincena de Setembro. Se premes na imaxe accedes ao noso taboleiro en Pinterest onde atoparedes moitos recursos.  



Non esquezades pasar pola páxina web do cole e entrar no Blog do proxecto para seguir as actividades que se van facendo. 

RECURSOS EN REDE PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE

1º BLOQUE DO PROXECTO: ADECUACIÓN DUN HORTO NO COLE.

RECURSOS PARA AS ACTIVIDADES POR NIVEIS:

EDUCACIÓN INFANTIL: XARDÍN DOS OLORES


1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: FROITOS DO OUTONO
Receitas
Documentos do museo do pobo sobre o pan: cereais,muíños e fornos, elaboración, tipos de pan, crenzas e costumes:
cancion-video Migallas Pan de Millo
CANCIÓNS
El baile de la fruta
Canción de las frutas
Canción de los vegetales
Dos tomates y las vocales
Las frutas


3º e 4º: SETAS
Receitas

5º e 6º: VENDIMIA







domingo, 25 de setembro de 2016

CINEMA EN O GROVE


Dende o Concello de O Grove chega ao cole esta película para os máis pequenos que xa está no expositor de novidades da biblioteca.

AGADIC (Asociación Galega de Industrias Culturais)  comezou unha iniciativa chamada "Cinemas de Galicia"co fin de facer do cine unha actividade cultural habitual nas rutinas de ocio das novas xeracións.  Preme na imaxe para ver a súa programación.

A primeira película será "9 ondas" e podédela ver o día 2 de Outubro ás 19 h. na Carpa Multiusos da Praza do Corgo. 

sábado, 24 de setembro de 2016

Libros de arte, arte nos libros

O lema escollido este ano para as Bibliotecas Escolares de Galicia é:
Biblioteca escolar - Territorio das Artes.
Por iso, o equipo de biblioteca do Valle-Inclán presenta a súa colección de libros relacionados con esta temática.  Podes consultar nos taboleiros de Pinterest dedicados a ARTE e o de MANUALIDADES.




venres, 16 de setembro de 2016

COMEZAMOS O CURSO 2016-2017

OLA PEQUENOS E GRANDES LECTORES!!

Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión e moitas novidades:

Co proxecto Vivir tocando o mar conseguimos ser finalistas da Comunidade de Galicia no concurso Premio a la Acción Magistral.

Tamén estamos á espera de entrar a formar parte do programa de Plan de mellora de bibliotecas escolares onde figuramos xa na resolución provisional.

Estamos moi satisfeitos dos resultados acadados e como a experiencia foi tan positiva, este ano repetimos cun novo proxecto: Mans de terra.