luns, 21 de marzo de 2016

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Preme na imaxe para máis información.

Na nosa biblioteca podedes atopar moitos libros. 
Busca nos andeis sinalados co CDU 81 POESÍA.

Preme na imaxe para aceder aos recursos.


E coma sempre despois de adicar tempo á lectura, chega o turno da parte creativa. O equipo de DLG do noso cole propón unha actividade atrevida, divertida e optativa. porque todo o que se fai querendo faise moito mellor.
Para máis información entra no blog do equipo de DLG.

Deixamos aquí o enlace ao poemario matemático realizado o curso pasado por todo o alumnado do centro.







martes, 15 de marzo de 2016

A COR VIOLETA DOS PULPOS

Xa temos na biblioteca varios exemplares do libro "A cor violeta dos pulpos". Toda a información sobre a súa presentación no blog do proxecto Vivir tocando o mar.

luns, 14 de marzo de 2016

LECTURAS COMPARTIDAS

Aquí temos ao noso alumnado de 3º de Educación Primaria disfrutando da súa hora de biblioteca. Nesta ocasión e con motivo do día da non violencia e da paz, fixeron varias lecturas sobre esta temática.