domingo, 28 de febreiro de 2016

Obradoiro de escritura

Aquí está o alumnado de 5º de Educación Primaria lendo os seus relatos curtos aos compañeir@s na súa hora de biblioteca. Recordaros que o 29 de Febreiro remata o prazo para enviar os vosos traballos. Se premes na imaxe accedes as bases do concurso. Aínda estás a tempo. Moita sorte aos participantes!

sábado, 20 de febreiro de 2016

PEQUENOS ORNITÓLOGOS POR UN DÍA

O alumnado de 6º de Educación Primaria, despois dunha charla informativa sobre as aves acudiron ao Observatorio para experimentar a súa localización e identificación coa axuda das guías de aves e dos profesionais que todos os anos veñen a ensinar aos nenos e nenas.
Toda a información nos seguintes enlaces:


Na biblioteca do centro dispoñemos dos seguintes fondos bibliográficos e recursos que coma sempre están a disposición da comunidade educativa:
Preme na imaxe


luns, 15 de febreiro de 2016

21 Febreiro: Día internacional da lingua materna

Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. Foi establecido pola UNESCO o 17 de novembro de 1999. A súa celebración tamén foi recoñecida formalmente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución que establecía 2008 como Ano Internacional das Linguas.
O Día Internacional da Lingua Materna ten a súa orixe no recoñecemento internacional do Día do Movemento pola Lingua, que se conmemora en Bangladesh desde 1952, cando varios estudantes da Universidade de Dacca morreron a mans da policía paquistaní durante as protestas do Movemento pola Lingua Bengalí.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro propón unha orixinal e divertida actividade para celebrar este día. Non dubides en visitar o seu blog e investigar que acontecerá polos corredores do colexio durante toda esta semana. Participa nesta nova aventura!

Para máis información sobre esta celebración podedes visitar o noso taboleiro en Pinterest.

martes, 9 de febreiro de 2016

CONTACONTOS POLO CORREO DO VENTO

Un ano máis os artistas de Polo correo do vento viñeron a actuar e a debuxar ao noso cole grazas á colaboración da nosa ANPA que sempre está disposta a organizar eventos para todos os nenos e nenas. Ademais de transmitir as súas historias, emocións e coñecementos na ilustración dos contos, deixáronnos un exemplar do seu último traballo: As fadas das camelias, que xa está a vosa disposición na biblioteca do centro.



Non esquezas consultar máis novidades no seguinte enlace:
https://es.pinterest.com/valleincln/novidades-2015-2016/

14 DE FEBREIRO DÍA DOS NAMORADOS



Neste enlace atoparedes a nosa guía de lecturas para esta semana coa temática do amor, da amizade e das emocións.

E se queres un agasallo facer...
un bo libro pódeslle ler...

xoves, 4 de febreiro de 2016

ESCOLA DE PAIS

A escola de pais iniciouse o curso pasado na nosa biblioteca por iniciativa do Departamento de Orientación. Este ano segue levándose a cabo co mesmo obxectivo, o que máis preocupa as familias: a comunicación e a interacción entre pais e fillos.
O pasado 26 de Xaneiro tivo lugar a terceira sesión deste curso. Coa súa participación, as familias demostran a súa implicación na educación dos fillos. Grazas polo voso interese.


Intercambiando experiencias e opinións

martes, 2 de febreiro de 2016

IV CERTAME DE RELATO CURTO

Participa no IV Certame de relato curto. Tedes toda a información e as bases do concurso no enlace ao pé da imaxe e nos marcapáxinas que leváchedes á casa.


http://certame.nontedurmas.org/2015/12/19/iv-certame-de-relato-curto-2/


Ademais temos na biblioteca dous exemplares cos relatos gañadores do III Certame. Anímate a ler os relatos escritos por outros nenos e nenas. Ti poderías ser un gran escritor. Anímate!!!




luns, 1 de febreiro de 2016

FORMACIÓN DE USUARIOS

Para a realización das actividades de formación de usuarios contamos coa colaboración da Biblioteca Municipal do Grove. As responsables da mesma están acudindo ao noso centro dende Outubro e realizan actividades de formación de usuarios e contacontos. Empezaron cos nenos e nenas de primeiro de Ed. Primaria e agora en Xaneiro tocoulle ao alumnado de Ed. Infantil en dúas sesións. A actividade foi todo un éxito e esperamos continuar nos vindeiros meses co resto do alumnado.