luns, 19 de decembro de 2016

GUÍA DE LECTURAS "MANS DE TERRA" POLO NADAL

A nosa mascota da biblioteca, Lililibro, e a mascota do proxecto Mans de terra, o espantallo Mr. Palla recomendan lecturas para pedir polo Nadal. Preme na imaxe para ver a guía. 


COMEZAMOS COAS MELLORAS

Esta mañá comezamos mestres e alumnado a vaciar a biblioteca. Aproveitaremos as vacacións de Nadal para acondicionar o chan da mesma. Por iso, durante esta semana só se poderán facer devolucións.


xoves, 15 de decembro de 2016

OBRADOIRO NA BIBLIOTECA.

OBRADOIRO “FAI O TEU LOGO”
IDEAS LAPIZ Y PAPEL.png
DÍA: MARTES, 20 DE DECEMBRO
HORA: 12:10 H.
LUGAR: BIBLIOTECA


O equipo de axudantes de biblioteca vai impartir un curso sobre creación de logos. Todo o alumnado que queira poderá apuntarse a partires de hoxe na biblioteca durante o tempo de lecer avisando ao mestre de garda ou aos axudantes de biblioteca.

domingo, 11 de decembro de 2016

CHEGA O NADAL

Falta pouco para o Nadal e o comezo dunha nova estación: O inverno.
A nosa árbore mudará de aspecto: as follas e as setas cubriranse coa neve e as pólas quedarán totalmente núas...Así que para alegrar a árbore e darlle cor, ímola encher de adornos navideños.
Cal será o teu?  Busca no taboleiro de Nadal en Pinterest. Alí atoparás moitas ideas.


Na pestana de NADAL publicamos unha selección de recursos para estes últimos días antes das vacacións de Nadal:  libros, vídeos, cancións, manualidades...

O alumnado de 6º xa está a preparar as guías de lectura que recibiredes todos moi pronto.



sábado, 3 de decembro de 2016

ESTAMOS PREMIADOS NO III CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS!





CANDO UN COLE SE UNE... ALGO GRANDE PODE OCORRER.
Comezamos o mes de Decembro con moi boas novas para o noso cole. Despois de moitos días de traballo durante todo o curso 2015-2016, co proxecto "Vivir tocando o mar", buscando e seleccionando información, levando a cabo actividades co alumnado e coas familias, elaborando e publicando documentos, presentando memorias... fomos premiados no III Concurso de Traballos por proxectos que convoca a Consellería.

Grazas a toda a Comunidade Educativa que o fixo posible!

venres, 2 de decembro de 2016

CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE SAVE THE CHILDREN


Un ano máis colaborando coa Fundación Save the Children, o CEIP Valle-Inclán de O Grove organiza unha carreira solidaria no patio do colexio.
Será o día 9 de Decembro se o tempo o permite e aproveitaremos este evento para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos.
Para traballar os contidos antes da carreira, a Fundación Save the Children enviounos material didáctico que podedes ver premendo nas palabras subliñadas.
E coma sempre o equipo de biblioteca ten a vosa disposición unha ampla variedade de contos na sección de VALORES. Non esquezades visitar o taboleiro adicado aos DEREITOS. Nel temos seleccionados recursos interesantes.





domingo, 27 de novembro de 2016

NOVA PESTANA DE RECURSOS: CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

O equipo de biblioteca coa colaboración dos axudantes de 6º  prepararon o expositor cos libros para as conmemoracións do día da Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia.


Tamén podedes ver os recursos seleccionados na nova pestana: CONSTITUCIÓN- E.A.GALICIA

                 

sábado, 26 de novembro de 2016

Nenos e nenas do Valle-Inclán na TVG

O curso pasado algúns nenos e nenas de Ed. Infantil e de 1º de Ed. Primaria participaron na gravación duns vídeos para a TVG na nosa biblioteca. Aquí tedes o resultado.
Son uns ARTISTAS!!!


venres, 25 de novembro de 2016

ACTIVIDADE COA ONG SEMILLA PARA EL CAMBIO

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria acudiron á biblioteca na mañá de onte para realizar actividades coa ONG Semilla para el cambio. Toda a información podédela ver no blog de Mans de terra.


luns, 21 de novembro de 2016

RECURSOS PARA O 25 N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Xa están a vosa disposición os libros para traballar os temas da igualdade e contra a violencia de xénero no expositor ubicado ao pé da nosa árbore de biblio. Tamén atoparás recursos dixitais na rede tan só premendo na imaxe ou na pestana deste blog adicado a este día.


mércores, 16 de novembro de 2016

NOVA GUÍA DOS BOLECHAS

Chegou pola mañá un lote de 50 libros dos Bolechas. Trátase dunha nova guía educativa que leva por título: Os Bolechas visitan unha granxa mariña. 
En breve, o equipo de Biblioteca rexistrará estes novos fondos e estarán a disposición da comunidade educativa.

martes, 15 de novembro de 2016

TRABALLO DE 5º

Hoxe, dous alumnos de 5º de Educación Primaria trouxeron á biblioteca a súa maqueta do Sistema Solar para decorar o noso espazo de Ciencias Naturais. Os nenos e nenas de Educación Infantil que estaban nese momento na súa sesión de biblio quedaron encantados e mostraron o seu interese por saber cal era a Lúa e cal a Terra.


Podedes ver mais actividades deste grupo no seu blog de aula.

RECURSOS EDUCATIVOS PARA O 20 N: DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Xa está a vosa disposición o expositor temático sobre o 20 N: Día Universal da Infancia, que este ano aparece no calendario escolar como conmemoración a celebrar nos centros educativos. Por iso, o equipo de biblioteca e os seus axudantes seleccionaron os fondos bibliográficos dos que dispoñemos na nosa biblioteca.

Se premes na imaxe poderás ver os fondos dos que dispoñemos.
Ademáis podes atopar máis información, actividades e xogos na pestana adicada a este día: 20 N INFANCIA

venres, 11 de novembro de 2016

XA É OFICIAL: ESTAMOS NO PLAMBE!!

Durante varios anos o noso centro presentou o seu proxecto de biblioteca para entrar a formar parte do PLAMBE (Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares). 
Os esforzos postos nun cambio na forma de traballo do centro como foi o PDI (Proxecto documentado integrado) "Vivir tocando o mar" no que participou a Comunidade Educativa ao completo (alumnado, mestres, familias, Concello e outras entidades...) foi unhas das chaves para conseguilo. Agora, coa boa nova, publicada no DOG do 26 de Outubro, podemos dicir que agora SI!, estamos no PLAMBE e que sen dúbida a contía asignada para o noso centro será invertida en reformar a nosa biblioteca, seguir coordinando os traballos por proxectos e aumentar os fondos bibliográficos.
Grazas a todos e todas os que formades o colectivo desta Comunidade Educativa.

xoves, 10 de novembro de 2016

CONTACONTOS POR UN DÍA

Que veña mamá ao cole é algo que motiva moito aos meniños, sobretodo na etapa de Educación Infantil. Por iso, invitamos ás familias destes pequenos a participar na actividade "Contacontos por un día".
E que dicir.... foi un éxito rotundo. Os nenos e nenas pasárono moi ben, as mestras encantadas e as mamás foron unhas auténticas profesionais.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

Os nenos e nenas fixeron entrega dos diplomas ás mamás.

mércores, 9 de novembro de 2016

BIBLIOTECA DE MESTRES

Inauguramos nova sección da Biblioteca na Sala de mestres, onde podedes atopar diferentes fondos bibliográficos de uso exclusivo para o profesorado do centro. Esperemos que sexa de utilidade para as vosas clases. Entre outras novidades, destacar o libro "Gracias, Finlandia" que xa forma parte desta sección.
 

martes, 8 de novembro de 2016

CONTACONTOS CON POLO CORREO DO VENTO

Hoxe tivemos a visita de Polo Correo do Vento.
Grazas a colaboración das responsables da Biblioteca Municipal de O Grove, hoxe visitáronnos dous profesionais na aventura dos contacontos e a ilustración.
O tema do conto foi a vida de Manuel Lueiro Rey, quen cumple cen anos do seu nacemento; foi un escritor afincado durante moitos anos no Grove e que da nome á Biblioteca Municipal.

Polo Correo do Vento co alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria

ACTIVIDADE NO PLAN LECTOR CON MR.PALLA

Comezamos unha nova actividade de animación á lectura coa mascota do proxecto Mans de terra. Animamos a todo o alumnado a lerlle, cantarlle ou contarlle historias ao Espantallo Mr. Palla que como sabedes vixía a entrada do colexio e nos da a benvida todas as mañás.
Os primeiros en lanzarse a aventura foron os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria. Todos os vídeos destas actuacións podédeas ver no blog do proxecto na pestana "Lecturas a Mr.Palla"


domingo, 6 de novembro de 2016

DONDE LLORAN LAS MUSAS


Javier García Núñez, non só é o mestre titor de 2º A, ademais é un poeta. Acaba de regalar á nosa biblioteca o seu primeiro poemario "Donde lloran las musas". Nel atoparedes verbas de amor, desamor, guerra, soidade e sobre todo a luz que todos levamos dentro. 

sábado, 5 de novembro de 2016

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2016


O día 27 de Outubro, aproveitando a semana do día das bibliotecas escolares, convidamos ás familias a participar nunha xornada de portas abertas na biblioteca do centro.

Comezamos expoñendo os postres terroríficos que as familias trouxeron para o concurso.









A primeira actuación foi a do alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria que preparou coa súa mestre de música unha canción que leva por título: O Outono.


A continuación os maiores do cole fixeron un contacontos: "A castaña que rebentou coa risa".


Aproveitamos a ocasión para presentar á Comunidade Educativa o Proxecto Documentado Integrado Mans de terra e a resolución da votación do nome da súa mascota: 
O espantallo Mr. Palla.

Trala degustación dos postres, fixemos a votación e a entrega de premios.









Que bos estaban os doces!
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!

venres, 4 de novembro de 2016

RECURSOS EDUCATIVOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL


Recibimos no noso centro da Consellería de Medio ambiente e Ordenación do Territorio un lote de recursos educativos para Educación Infantil elaborados polo Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Este lote contén varios exemplares do conto "Sabela e as zocas máxicas", un xogo de tarxetas, marcapáxinas, guías para o profesorado, dúas casiñas de cartón e o conto en láminas grandes para lerlles aos meniños. O conto estrutúrase en tres historias relacionadas cos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha á outra. Todos os recursos están tamén na web proxectoterra.

xoves, 3 de novembro de 2016

SAMAÍN AGRÍCOLA

No Ceip Valle-Inclán de O Grove estamos abraiados coa colaboración das familias na exposición de cabazas deste ano. Son uns auténticos artistas decorando as cabazas pola súa creatividade e profesionalidade. No seguinte enlace podedes ver o vídeo montado polo noso equipo de TICS.
Grazas a todos.

Tamén podedes ver as fotos no seguinte enlace:


FORMACIÓN DE USUARIOS E ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA

A semana pasada, co motivo da celebración do día das bibliotecas (24 de Outubro), recibimos a visita de dúas profesionais da Biblioteca Municipal de O Grove.
Os nenos e nenas de 4º de Ed. Primaria recibiron unha sesión de formación de usuarios, onde ademais de repasar o que se pode facer na biblioteca, descubriron bibliotecas de todo o mundo.
Despois, escoitaron contacontos e por último fixeron unha dinámica de grupo de animación á lectura. O alumnado quedou encantado coas actividades.