venres, 15 de marzo de 2024

PATIOS INCLUSIVOS


A partir da Formación en Patios Inclusivos que está a realizar este curso o profesorado, comezamos a organizar bailes no tempo de lecer, na que poden participar todos os que queiran de forma libre e espontánea: mestres e alumnado disfrutando da música e do movemento. Preme na imaxe para ver a galería de fotos que iremos ampliando nos vindeiros días.

 

xoves, 14 de marzo de 2024

AVISTAMENTO DE AVES- 6º PRIMARIA


O alumnado de 6º de Educación Primaria realizou unha saída ao Observatorio de aves, preto do noso colexio. Previamente recibiron unha charla informativa  sobre as aves e as súas rutas migratorias. Logo cos prismáticos e guías en man acudiron ao Observatorio para avistar o maior número de aves, identificalas, debuxalas e anotar as súas características. Finalmente crearon un mural que está colocado no corcho da zona de interclases da planta baixa para disfrute de toda a comunidade educativa.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos e os traballos expostos.

 

xoves, 7 de marzo de 2024

BOOKTRAILERS SOBRE EL PEQUEÑO VAMPIRO

 Hoxe os membros do club de lectura publicaron as súas creacións audiovisuais sobre a primeira lectura realizada neste curso 23-24: El pequeño vampiro.



Para saber máis sobre o programa de actividades do club síguenos na Pestana do blog da biblio: 




mércores, 6 de marzo de 2024

OBRADOIRO EscornArtistas CON 6º ED. INFANTIL


O alumnado de 6º de Educación Infantil participou no obradoiro de Biblioteca Creativa chamado EscornArtistas dirixidos novamente polas especialistas en Tecnoloxía Educativa: Almu e Elena. Os obxectivos deste obradoiro son: familiarizarse, descubrir e explorar as funcionalidades do Escornabot en equipo, elaborar unha creación artística, descubrir e explorar o potencial da programación e da robótica educativa, desenvolvendo o pensamento computacional para expresarse no mundo actual.
Preme na imaxe para ver máis fotos do obradoiro.
 

OBRADOIRO DE ESCORNABOTS CON 4º PRIMARIA


O alumnado de 4º de Educación Primaria recibiu hoxe a visita de dúas especialistas en Tecnoloxía Educativa, Almu e Elena, cunha actividade nova cos escornabots chamada "EsconrnH2O". 
Os obxectivos deste obradoiro son: descubrir e explorar as funcionalidades do Escornabot, reflexionar sobre a recollida, abastecemento e saneamento da auga (afondando no ODS 6), completar, como equipo, as misións propostas para garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión e saneamento e descubrir e explorar o potencial da programación (por botoeira) da robótica educativa, desenvolvendo o pensamento computacional para comprender o mundo.
Preme na imaxe para ver máis fotos do obradoiro.


 

SEMANA DA PRENSA


O Equipo de Biblioteca preparou este mural con noticias do noso colexio ó longo destes últimos 50 años para que todo o alumnado puidera ver e ler novas que foron publicadas na prensa. Preme na imaxe para ver con máis detalle as noticias.

 

venres, 1 de marzo de 2024

MASCOTAS PARA O CONCURSO DO PINCHO

 


Espectaculares os ourizos feitos con material de refugallo e outros materiais naturais para o concurso do pincho. Os máis maiores do cole fixeron os seus traballos coa mestra de Arts e o resto trouxeron as manualidades feitas na casa en familia. O prazo para traer os traballos remata o 15 de Marzo.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.